bikenta é unha plataforma web de acceso a información de cada propietario e as súas parcelas forestais que se atopan certificadas dentro do Grupo Alvariza de Certificación Forestal.

O uso de bikenta constitúe unha ferramenta estratéxica para fomentar o coñecemento e a transparencia da xestión dos recursos forestais, promover a sustentabilidade e a implicación da sociedade gracias a tecnoloxías innovadoras.

O fluxo é o que se describe a continuación:

Solicitude

O propietario ou a empresa que merca a madeira envían a solicitude de certificación da parcela, e esta solicitude activa a posta en marcha do proceso de certificación forestal sostible no Grupo Alvariza.

contacta con bikenta

Reunión co propietario ou xestor forestal

O persoal de Alvariza contacta co propietario forestal interesado en certificar a súa xestión e incorporarse ao Grupo. Esta primeira visita consta dun proceso de formación, estudo de viabilidade e asesoramento que culmina co documento de adhesión ao Grupo Alvariza.

contacta con bikenta

Rexistro da parcela

Os técnicos de Asefor realizan o rexistro no Sistema de Certificación de Alvariza, gárdanse os datos catastrais, de propiedade, e outros que se avalían nun proceso de pre-auditoría. Logo disto, ao propietario facilítaselle o seu acceso a bikenta e pode comprobar o estado e datos da súa solicitude.

contacta con bikenta

Certificación

Asefor realiza os trámites necesarios para obter os certificados de Xestión Forestal Sostible. Agora o propietario ten os montes certificados e a través de bikenta ten acceso a tódolos datos referentes a propiedade, o propio certificado, o documento de xestión, calendario de actuacións. Ademais en todo momento pode contactar co persoal de Asefor e solicitar asesoramento.

contacta con bikenta

Estado das parcelas en tempo real

bikenta proporciona información en tempo real sobre o estado da xestión das parcelas ou montes incluídos no Grupo Alvariza, estean dedicadas a protección ou produción, en función do modelo silvícola escollido.

A certificación forestal está presente en tódolos procesos que se levan a cabo nun monte ou parcela forestal, dende a plantación, pasando por tratamentos, cortas intermedias ou finais.

O fluxo de información é de bidireccional, é dicir, o Grupo informa ao xestor, e este fai chegar ao Grupo Alvariza a través de bikenta aqueles aspectos de interese que queira transmitir como fotografías, comentarios que teñan que ver coa xestión dos montes.

Aspectos como estimación de volume, distancias de plantación, presenza de patrimonio, viabilidade das plantas, estado das parcelas despois da corta ou tratamentos silvícolas son algúns exemplos dos datos aos que terá acceso o propietario forestal ou xestor de forma gratuíta.

contacta con bikenta

Auditoría

bikenta ofrece ao propietario a través da plataforma web información sobre os datos que se recollen durante os traballos de campo do persoal de Alvariza durante o Seguimento; rexistros, informes, resultados de auditorías internas e externas, para cumprir cos requirimentos dos selos de certificación e dunha correcta xestión forestal sostible.

contacta con bikenta