A Xunta sinala que a Certificación na industria forestal garante a sustentabilidade e a aposta polo coidado do ecosistema

18/09/2018 medios
publicado por bikenta

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, destacou hoxe na apertura da xornada técnica Certificación FSC®, madeira, construción e innovación en Galicia a importancia da certificación forestal como base da bioeconomía, sinalando que a certificación é garante de sustentabilidade e dunha xestión que aposta polo coidado do ecosistema.

O director da Axencia, que depende da Consellería de Economía, Emprego e Industria, resaltou que precisamente un dos obxectivos principais da Axencia é fomentar a certificación como ferramenta de valorización do recurso e o medio para acceder a mercados esixentes no coidado do medio ambiente. Así o indicou na súa intervención no acto que se celebrou no CIS Madeira, en San Cibrao das Viñas, e que desenvolveu a organización global sen ánimo de lucro Forest Stewardship Council, dedicada a promover a xestión forestal responsable en todo o mundo.

Noticia completa en la fuente original
Ver más noticias